A FÁBRICA


http://afabrica.blogia.com

Temas



Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes al tema Táti Mancebo.

01/11/2005

A FÁBRICA DA PREGUIÇA

01/11/2005 01:25 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo No hay comentarios. Comentar.

09/10/2005

SER O OUTRO

Eu começo sempre pelo eu
mesturo as andainas cos lóstregos rotos
e re-aparecem as altas cadeias
pelo corredor das especiarias
Eu passo logo a Tu
e já não escutas
em graves membranas
os teus sórdidos actos
Tu devolves-me o eu
multiplicado
e somos tantos a berrar
a inconsistência da água
que de todas as partes
asejam os dias
na nossa procura.
Levamos baixo o braço
um livro de três ou quatro páginas
é o livro da eterna miséria,
que soltamos fugazmente
às portas da nossa casa.
09/10/2005 01:33 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 3 comentarios.

08/10/2005

Sextas ás 19:30 o amigo Martin Pawley fala de cinema no 107.6.
08/10/2005 22:44 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 7 comentarios.

Do mesmo lugar do que falo no post anterior, recolho uma ligaçao para uma Máquina de texto, módulo construtor-deconstrutor de poemas. A experimentar!
08/10/2005 00:30 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 3 comentarios.

08/10/2005 00:16 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 1 comentario.

21/09/2005

Un par de blogs de escritores galegos

Facendo amigos de Santiago Jaureguízar e Ovnis e isoglossas de Igor Lugris. Se alguén coñece máis podemos incluílos nas ligazóns.
21/09/2005 01:27 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo No hay comentarios. Comentar.

17/09/2005

hopper-edward-rooms-by-the-sea-7900199[1].jpgA min ultimamente encántanme os cadros de Edward Hopper. Este en particular hai tempo que o teño como papel de escritorio e aínda me segue sorprendendo cada día.
17/09/2005 01:17 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 5 comentarios.

28/06/2005

Poesia galega contemporânea publicada pelas Edições ArcosOnline.com

Como estou certa de que el nao o fara, informo:
Domingo, 26 Junho 2005
As Edições ArcosOnline.com lançam hoje, dia 25 de Junho, a obra A Vida Extrema, do poeta galego Mário Herrero Valeiro. A obra será disponibilizada gratuitamente em formato digital na página web da editora ArcosOnline.com. A Vida Extrema é um poemário inquietante e perturbador. À nitidez rítmica do seu verso livre, o poeta alia a profundidade de uma linguagem verdadeiramente poética e o alcance de uma temática universal.
28/06/2005 17:24 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 3 comentarios.

24/06/2005

fragmento e-mail do Mário

O próximo dia 25 de Junho, sábado, participarei, juntamente com Carlos Solla,
num recital poético, organizado polos amigos Joseph Ganime e Alberto Naya,
no Local Social Atreu, sito na Rua S. José da Crunha. O acto começará por
volta das 20:30 horas
24/06/2005 18:07 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 1 comentario.

CADEA HUMANA

E-mail de Martin Pawley
Non podemos quedar de brazos cruzados, non nos poden roubar a
primavera. As dúas patas nas que se vai asentar o país novo, precisan
collerse das mans e deixar estes días de impas. Somos moit@s @s
galeg@s que temos cousas que dicir nesta nova etapa. Non hai tempo
para o pesimismo, a primaveira non pode esperar máis, queremos
manifestar a nosa vontade de cambio.

Partindo do Blogmillo (comunidade de blogueiros de Galiza) andamos
organizando unha cadea humana en Compostela para o vindeiro domingo
26. Unha cadea composta por elos da cidadanía que unirán as estatuas
de Castelao (na alameda) e a de Pablo Iglesias (en San Caetano) como
símbolo desa nova Galiza.

En nome do futuro, quedaremos no parque da alameda de Santiago ás 13 horas.

Máis información en http://cadeahumana.blogsome.com/

GAÑAMOS NÓS!!!
24/06/2005 10:37 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 2 comentarios.

21/06/2005

O MATRIMONIO ENTRE PERSOAS DO MESMO SEXO E A PRENSA

Moléstame enormemente que, expresadas as opinións dun grupo de “expertos” sobre o asunto, os medios de comunicación dean prioridade ás posturas máis reaccionarias, intereseiras e anticientíficas aínda que sexa para botar abaixo a pose centrista e progresista do PP. Moléstame porque non podo evitar, sentíndome tan a favor da equiparación de dereitos de todos os individuos como á marxe de que cadaquén foda con quen lle apetecer, que o que máis resoe na miña cabeza sexa que hai “expertos” que opinan que os contornos familiares formados por persoas do mesmo sexo son focos de perversión.
Por certo, grande fortuna a da nena de Ferrol, tiña pai e nai!
21/06/2005 16:27 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 4 comentarios.

15/06/2005

11/06/2005

QUEN FOI Nº 1

"Tenemos que seguir como vamos yendo."
A solución: en 48 horas aproximadamente
Pista: non é Paco Vázquez
11/06/2005 22:55 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 5 comentarios.

10/06/2005

EXTRACTO Nº 1:

Paul Auster dixo aló polo 98, isto é antes do atentado das Torres Xémeas: "Actualmente, a concentración dos medios de comunicación nos Estados Unidos é tal que teñen poder suficiente para desviar a atención da xente -¿voluntariamente?, aí está a cuestión- cara a temas sen importancia. Desde hai varios anos, unha sucesión de escándalos dominando sistematicamente a atención dun país tan escindido e fragmentado que xa non se pode falar nin de historia nin de narración común. De feito, eses escándalos acaban sendo a única narración capaz de agrupar o país. Xa non existen puntos comúns, senón unha participación común nunha empresa de descerebramento, e o xuízo de O. J. Simpson constitúe o triste apoxeo desta engranaxe infernal."
10/06/2005 23:47 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 10 comentarios.

mjfabrica1.jpgFÁBRICA Nº 1
Fábrica de humo de Maximino Javier (México, 1950-)
10/06/2005 22:43 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 3 comentarios.

18/05/2005

PROVEDOR Nº 2: AUGUST KLEINZHALER

THE STRANGE HOURS TRAVELERS KEEP

The markets never rest
Always they are somewhere in agitation
Pork bellies, titanium, winter wheat
Electromagnetic ether peppered with photons
Treasure spewing from Unisys A-15J mainframes
Across the firmament
Soundlessly among the thunderheads and passenger jets
As they make their nightlong journeys
Across the oceans and steppes
Nebulae, incandescent frog spawn of information
Trembling in the claw of Scorpio
Not an instant, then shooting away
Like an enormous cloud of starlings
Garbage scows move slowly down the estuary
The lights of the airport pulse in morning darkness
Food trucks, propane, tortured hearts
The reticent epistemologist parks
Gets out, checks the curb, reparks
Thunder of jets
Peristalsis of great capitals
How pretty in her tartan scarf
Her ruminative frown
Ambiguity and Reason
Locked in a slow, ferocious tango
Of if not, why not

(August Kleinzahler published his first book of poetry, A Calendar of Airs, in 1978. Since then, he has published six others, including Storm over Hackensack (1985); Earthquake Weather (1989); Red Sauce Whiskey and Snow (1995); and Green Sees Things in Waves (1998). In 2000, Farrar, Straus & Giroux published Live from the Hong Kong Nile Club: Poems 1975-1990. His poems have appeared in numerous publications including The New Yorker, The American Poetry Review, Poetry, Harper’s Magazine, Grand Street, The Threepenny Review, and The Paris Review. A native of Jersey City, Kleinzahler is the recipient of awards from the John Simon Guggenheim Foundation (1989), the Lila Acheson-Reader’s Digest Award for Poetry (1991), and an Academy Award in Literature from the American Academy of Arts and Letters (1996). In 2000 he was awarded a Berlin Prize Fellowship. His latest book, a collection of meditations entitled Cutty, One Rock: Low Characters and Strange Places, Gently Explained, was published in November, 2004 to considerable critical acclaim.
Kleinzahler has been a taxi driver, a locksmith, a logger, and a building manager. He has taught creative writing courses at Brown University, the University of California at Berkeley, and the Iowa Writers' Workshop, as well as to homeless veterans in the Bay Area. He lives in San Francisco.)
18/05/2005 22:27 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 2 comentarios.

11/05/2005

PROVEDOR Nº 1: Roger Colom

¡Bienvenidos!
¡desde el esmaltado bajovientre,
con la vilipendia más afectuosa,
una carcamalada sonrisa gelatinosa
y el disfraz enramalado de la prosa,
les doy a todos esta primordial bienvenida!

¡sean bienvenidos!

¡bienvenidos a gatas entre los escombros de la plenitud,
del virtuosismo embarazado a escupitajos!
¡bienvenidos al tiroteo,
al gorjeo epistemorónico y la reflexión vegetal!
¡sí, amigos: bienvenidos!

¡bienvenidos todos al bailoteo de las verdades
en el gran salón de las astucias de salón!
¡pasen, pasen!
¡sean todos bienvenidos!

librodenotas
Internacional Melancólica
11/05/2005 23:47 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 1 comentario.

09/05/2005

COLOCAMOS AS PRIMEIRAS PEDRAS

Estamos a pensar en diferentes departamentos produtivos para a nosa Fábrica e aceitamos propostas. Algúns exemplos poderían ser: poemas ou outro tipo de textos apañados da Internet, textos de autores convidados, diálogos poéticos (un poema en resposta a un outro), poemas á maneira de..., links literarios comentados, un pouco de todo (opinións de actualidade, comentarios varios).
09/05/2005 23:12 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 3 comentarios.

02/05/2005

MEMENTO

Lembro un poema breve
sobre unha muller que sae
ofrecer unha cadeira
que ninguén ocupou pasado o verán.
A porta fecha a casa á noite
mentres as chuvias do Trópico
secan a súa dor.
Agora este poema é teu,
é meu...
apenas por unha copia que conservo.
02/05/2005 22:27 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 1 comentario.

28/04/2005

POEMA A TRÊS MUSAS (com o Alfredo Ferreiro e o Pedro Casteleiro)

Botar a andar até ao fim do mundo
que em toda a mão começa,
noite, noite alaranjada menina
azul, infinitamente suicídio
São todos os cantos que cabem
no canto do papel. Ressalta no chão
o medo. Escrito na senda do
papel, como che havia de
dizer aquilo que sabemos?
Recitamos a volta do sonho e dançamos
com o cadáver incerto? Não, simplesmente
abraçamos a sombra do nosso amanhecer.
Condensando assim a sabedoria corporal,
viver de garrafas dadas com os
próprios sonhos.
Até arrojar os ossos sobre a mesa
e comprovar que caem em ordem.
28/04/2005 22:29 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 5 comentarios.

22/04/2005

REFLEXIÓNS SOCIOLITERARIAS

Algunhas razóns que se me ocorren para utilizar tamén as Normas Ortográficas da R.A.G. (nin con orde nin por orde):
-Porque teño vontade de participar todo o libremente que podo na sociedade que me rodea: desde enviar unha carta a un xornal a publicar na miña “aldea”. Abrir as posibilidades de intervención social: introducir contidos libremente. Non quero renunciar a nada.
-Porque non quero escribir de varias maneiras diferentes só por obrigación, precisando de un traballo de revisión de coherencia cada vez que escribo calquera cousa que alguén máis vai ler ou pode ler.
-Porque termos como caneta ou brinco me resultan tan alleos como os seus correspondentes en euskara, por moito que boli e pendente sexan castelanismos.
-Porque aínda que me parezan moito máis lóxicas as normas de acentuación portuguesas ou me dea certo arrepío ao escribir cousas como beirarrúa, creo que son o tipo de cousas susceptiveis de seren mudadas cara ao portugués se decaer un bocadiño a relevancia do conflito ideolóxico ligado á ortografía; e mesmo, talvez, sexa preciso o confronto desaparecer para que estas mudanzas se sistematicen cara a un estándar que sobreviva máis de dous anos. Eu, pola miña parte renuncio a seguir a facer bandeira dese conflito. En último caso, por que non facer o que todos os escritores en Norma Oficial, oficialistas ou non, que non hai unha honrosa excepción que cumpra a norma como o fai coa do castelán, nin por vocabulario nin por estruturas.
-Porque é unha ferramenta útil para a comunicación co máis próximo.
-Porque con todo ser o portugués un material máis rico en xeral, tras moitos anos de estudo considero que é moi difícil adquirir a competencia que faga rendível ese corpus tan completo.
-Porque, pensando na literatura, escribir en portugués na Galiza é dedicarlle a maior parte do tempo a un só dos elementos que acaban dando nun texto. Ter materiais de primeira non asegura a construción dunha boa casa; lonxe disto, existen construcións feitas con materiais pobres e deseños simples que son grandes obras de arte.
-Porque a finalidade da casa é acoller as persoas de forma adecuada. Se o obxectivo de facer literatura é defender a lingua, a súa base será o material lingüístico, mais se o seu obxectivo é comunicar pensamentos poéticos, a súa base será atinxir esa comunicación.
-Porque non considero que antes estivese equivocada e agora non. Nin o estaba antes nin o estou agora. Nin tampouco estou libre de mudar de opinión de novo no futuro. Simplemente me sinto libre para experimentar.
-Porque o pensamento poético é libertario e portanto incompatível con calquera fundamentalismo: na miña opinión, Eusebio Lourenzo Baleirón facía boa poesía e Guerra da Cal non.
-Porque do punto de vista sociopoético non se é poeta galego/-a. Hoxe en día isto paréceme difícil de asimilar.
-Porque a miña patria é a lingua portuguesa, escríbaa como a escriba.
-Porque, como estou esgotada de unha militancia que xa non sinto como propia, decido trocar a militancia da escrita pola da comunicación.
-Porque por salvagardar tanto a integridade formal da lingua, as miñas ideas poéticas, a miña concepción do mundo, a miña ideoloxía, en moitos sentidos, fica fóra da sociedade en que vivo. A moitos efectos estou autoestigmatizada, mais acho que non teño vocación de mártir. Dun punto puramente lingüístico non vou renunciar nunca, creo eu, ás miñas convicións reintegracionistas, mais dun punto poético e ideolóxico penso utilizar para me comunicar o vehículo máis útil en cada momento.
-Porque nun dado momento comezou a ser un freo para a creación que vin que nin os artistas plásticos nin os actores e actrices, por pór só dous exemplos, tiñan. E que, de o teren, probavelmente descoñecería cousas que valoro moito.
22/04/2005 15:10 Enlace permanente. Tema: Táti Mancebo Hay 27 comentarios.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]