Blogia
A FÁBRICA

COLOCAMOS AS PRIMEIRAS PEDRAS

Estamos a pensar en diferentes departamentos produtivos para a nosa Fábrica e aceitamos propostas. Algúns exemplos poderían ser: poemas ou outro tipo de textos apañados da Internet, textos de autores convidados, diálogos poéticos (un poema en resposta a un outro), poemas á maneira de..., links literarios comentados, un pouco de todo (opinións de actualidade, comentarios varios).

3 comentarios

Táti -

Claro, pero pode ser, desde serio ou como parodia; e non só á maneira de alguén senón á maneira dun estilo, como facer unha cantiga de escarnio, por exemplo.

Martin Pawley -

A ver se agora consigo dicir algo! :-)

O dos "poemas á maneira de..." soa especialmente suxerente; o único problema que lle vexo é que para imitar a maneira de alguén, ese alguén ha de ter maneiras.

Martin Pawley -