Blogia
A FÁBRICA

Táti Mancebo

A FÁBRICA DA PREGUIÇA

www.afabricadapreguica.blogspot.com

SER O OUTRO

Eu começo sempre pelo eu
mesturo as andainas cos lóstregos rotos
e re-aparecem as altas cadeias
pelo corredor das especiarias
Eu passo logo a Tu
e já não escutas
em graves membranas
os teus sórdidos actos
Tu devolves-me o eu
multiplicado
e somos tantos a berrar
a inconsistência da água
que de todas as partes
asejam os dias
na nossa procura.
Levamos baixo o braço
um livro de três ou quatro páginas
é o livro da eterna miséria,
que soltamos fugazmente
às portas da nossa casa.

Sextas ás 19:30 o amigo Martin Pawley fala de cinema no 107.6.

Do mesmo lugar do que falo no post anterior, recolho uma ligaçao para uma Máquina de texto, módulo construtor-deconstrutor de poemas. A experimentar!

Dois contributos para libro de notas do Xoán Carlos Lagares e do Alfredo Ferreiro.

Un par de blogs de escritores galegos

Facendo amigos de Santiago Jaureguízar e Ovnis e isoglossas de Igor Lugris. Se alguén coñece máis podemos incluílos nas ligazóns.

Richard Hoare

Poesia galega contemporânea publicada pelas Edições ArcosOnline.com

Como estou certa de que el nao o fara, informo:
Domingo, 26 Junho 2005
As Edições ArcosOnline.com lançam hoje, dia 25 de Junho, a obra A Vida Extrema, do poeta galego Mário Herrero Valeiro. A obra será disponibilizada gratuitamente em formato digital na página web da editora ArcosOnline.com. A Vida Extrema é um poemário inquietante e perturbador. À nitidez rítmica do seu verso livre, o poeta alia a profundidade de uma linguagem verdadeiramente poética e o alcance de uma temática universal.

fragmento e-mail do Mário

O próximo dia 25 de Junho, sábado, participarei, juntamente com Carlos Solla,
num recital poético, organizado polos amigos Joseph Ganime e Alberto Naya,
no Local Social Atreu, sito na Rua S. José da Crunha. O acto começará por
volta das 20:30 horas

CADEA HUMANA

E-mail de Martin Pawley
Non podemos quedar de brazos cruzados, non nos poden roubar a
primavera. As dúas patas nas que se vai asentar o país novo, precisan
collerse das mans e deixar estes días de impas. Somos moit@s @s
galeg@s que temos cousas que dicir nesta nova etapa. Non hai tempo
para o pesimismo, a primaveira non pode esperar máis, queremos
manifestar a nosa vontade de cambio.

Partindo do Blogmillo (comunidade de blogueiros de Galiza) andamos
organizando unha cadea humana en Compostela para o vindeiro domingo
26. Unha cadea composta por elos da cidadanía que unirán as estatuas
de Castelao (na alameda) e a de Pablo Iglesias (en San Caetano) como
símbolo desa nova Galiza.

En nome do futuro, quedaremos no parque da alameda de Santiago ás 13 horas.

Máis información en http://cadeahumana.blogsome.com/

GAÑAMOS NÓS!!!

O MATRIMONIO ENTRE PERSOAS DO MESMO SEXO E A PRENSA

Moléstame enormemente que, expresadas as opinións dun grupo de “expertos” sobre o asunto, os medios de comunicación dean prioridade ás posturas máis reaccionarias, intereseiras e anticientíficas aínda que sexa para botar abaixo a pose centrista e progresista do PP. Moléstame porque non podo evitar, sentíndome tan a favor da equiparación de dereitos de todos os individuos como á marxe de que cadaquén foda con quen lle apetecer, que o que máis resoe na miña cabeza sexa que hai “expertos” que opinan que os contornos familiares formados por persoas do mesmo sexo son focos de perversión.
Por certo, grande fortuna a da nena de Ferrol, tiña pai e nai!

CHISTE DE GALEGOS

QUEN FOI Nº 1

"Tenemos que seguir como vamos yendo."
A solución: en 48 horas aproximadamente
Pista: non é Paco Vázquez

EXTRACTO Nº 1:

Paul Auster dixo aló polo 98, isto é antes do atentado das Torres Xémeas: "Actualmente, a concentración dos medios de comunicación nos Estados Unidos é tal que teñen poder suficiente para desviar a atención da xente -¿voluntariamente?, aí está a cuestión- cara a temas sen importancia. Desde hai varios anos, unha sucesión de escándalos dominando sistematicamente a atención dun país tan escindido e fragmentado que xa non se pode falar nin de historia nin de narración común. De feito, eses escándalos acaban sendo a única narración capaz de agrupar o país. Xa non existen puntos comúns, senón unha participación común nunha empresa de descerebramento, e o xuízo de O. J. Simpson constitúe o triste apoxeo desta engranaxe infernal."

PROVEDOR Nº 2: AUGUST KLEINZHALER

THE STRANGE HOURS TRAVELERS KEEP

The markets never rest
Always they are somewhere in agitation
Pork bellies, titanium, winter wheat
Electromagnetic ether peppered with photons
Treasure spewing from Unisys A-15J mainframes
Across the firmament
Soundlessly among the thunderheads and passenger jets
As they make their nightlong journeys
Across the oceans and steppes
Nebulae, incandescent frog spawn of information
Trembling in the claw of Scorpio
Not an instant, then shooting away
Like an enormous cloud of starlings
Garbage scows move slowly down the estuary
The lights of the airport pulse in morning darkness
Food trucks, propane, tortured hearts
The reticent epistemologist parks
Gets out, checks the curb, reparks
Thunder of jets
Peristalsis of great capitals
How pretty in her tartan scarf
Her ruminative frown
Ambiguity and Reason
Locked in a slow, ferocious tango
Of if not, why not

(August Kleinzahler published his first book of poetry, A Calendar of Airs, in 1978. Since then, he has published six others, including Storm over Hackensack (1985); Earthquake Weather (1989); Red Sauce Whiskey and Snow (1995); and Green Sees Things in Waves (1998). In 2000, Farrar, Straus & Giroux published Live from the Hong Kong Nile Club: Poems 1975-1990. His poems have appeared in numerous publications including The New Yorker, The American Poetry Review, Poetry, Harper’s Magazine, Grand Street, The Threepenny Review, and The Paris Review. A native of Jersey City, Kleinzahler is the recipient of awards from the John Simon Guggenheim Foundation (1989), the Lila Acheson-Reader’s Digest Award for Poetry (1991), and an Academy Award in Literature from the American Academy of Arts and Letters (1996). In 2000 he was awarded a Berlin Prize Fellowship. His latest book, a collection of meditations entitled Cutty, One Rock: Low Characters and Strange Places, Gently Explained, was published in November, 2004 to considerable critical acclaim.
Kleinzahler has been a taxi driver, a locksmith, a logger, and a building manager. He has taught creative writing courses at Brown University, the University of California at Berkeley, and the Iowa Writers' Workshop, as well as to homeless veterans in the Bay Area. He lives in San Francisco.)

PROVEDOR Nº 1: Roger Colom

¡Bienvenidos!
¡desde el esmaltado bajovientre,
con la vilipendia más afectuosa,
una carcamalada sonrisa gelatinosa
y el disfraz enramalado de la prosa,
les doy a todos esta primordial bienvenida!

¡sean bienvenidos!

¡bienvenidos a gatas entre los escombros de la plenitud,
del virtuosismo embarazado a escupitajos!
¡bienvenidos al tiroteo,
al gorjeo epistemorónico y la reflexión vegetal!
¡sí, amigos: bienvenidos!

¡bienvenidos todos al bailoteo de las verdades
en el gran salón de las astucias de salón!
¡pasen, pasen!
¡sean todos bienvenidos!

librodenotas
Internacional Melancólica

COLOCAMOS AS PRIMEIRAS PEDRAS

Estamos a pensar en diferentes departamentos produtivos para a nosa Fábrica e aceitamos propostas. Algúns exemplos poderían ser: poemas ou outro tipo de textos apañados da Internet, textos de autores convidados, diálogos poéticos (un poema en resposta a un outro), poemas á maneira de..., links literarios comentados, un pouco de todo (opinións de actualidade, comentarios varios).

MEMENTO

Lembro un poema breve
sobre unha muller que sae
ofrecer unha cadeira
que ninguén ocupou pasado o verán.
A porta fecha a casa á noite
mentres as chuvias do Trópico
secan a súa dor.
Agora este poema é teu,
é meu...
apenas por unha copia que conservo.