EXTRACTO Nº 1:
Paul Auster dixo aló polo 98, isto é antes do atentado das Torres Xémeas: "Actualmente, a concentración dos medios de comunicación nos Estados Unidos é tal que teñen poder suficiente para desviar a atención da xente -¿voluntariamente?, aí está a cuestión- cara a temas sen importancia. Desde hai varios anos, unha sucesión de escándalos dominando sistematicamente a atención dun país tan escindido e fragmentado que xa non se pode falar nin de historia nin de narración común. De feito, eses escándalos acaban sendo a única narración capaz de agrupar o país. Xa non existen puntos comúns, senón unha participación común nunha empresa de descerebramento, e o xuízo de O. J. Simpson constitúe o triste apoxeo desta engranaxe infernal."
10 comentarios
Pedro -
Tati -
Pedro -
Martin Pawley -
Pedro -
Alfredo Ferreiro -
Táti -
Martin Pawley -
Martin Pawley -
Táti -