Blogia
A FÁBRICA

EXTRACTO Nº 1:

Paul Auster dixo aló polo 98, isto é antes do atentado das Torres Xémeas: "Actualmente, a concentración dos medios de comunicación nos Estados Unidos é tal que teñen poder suficiente para desviar a atención da xente -¿voluntariamente?, aí está a cuestión- cara a temas sen importancia. Desde hai varios anos, unha sucesión de escándalos dominando sistematicamente a atención dun país tan escindido e fragmentado que xa non se pode falar nin de historia nin de narración común. De feito, eses escándalos acaban sendo a única narración capaz de agrupar o país. Xa non existen puntos comúns, senón unha participación común nunha empresa de descerebramento, e o xuízo de O. J. Simpson constitúe o triste apoxeo desta engranaxe infernal."

10 comentarios

Pedro -

Bem, bem expressado.

Tati -

Cada vez estou máis convencida de que, como non teñamos ben coidadiña a eira propia, non hai nada que ir arar fóra da casa... Non teño que concretar máis, verdade?

Pedro -

Receio de que, (in)felizmente, tudo está vinculado, Martin. Não o interpretes, por favor, como uma afirmação dogmática, apenas digo que tudo vai bastante unido. Tenho amigos não galegos que afirmam que aqui acontece algo, mas algo negativo a um nível profundo; em ocasiões polo menos psiquiátrico. Assim, seria como comprar um bilhete para a decepção esperar que mude polo menos o habitual se não mudar antes o essencial.

Martin Pawley -

Xa, Alfredo, pero aínda que neste estrato non mude o esencial, agora mesmo confórmome con que cambie o habitual. :-)

Pedro -

Interessante. Com uma nomenclatura inabitual, interessante descrição da inércia. Da pura inércia... quem dixo estes dias "Galiza é pura inércia"? Não ouvistes? Inércia, creio eu, e medo a sair(-se) dela.

Alfredo Ferreiro -

Agrupa-nos, no fundo, o ateísmo (entendido como anticlericalismo) e o anarquismo (entendido como anti-institucionalismo), ademais do pacifismo (entendido como viver sem problemas acrescentados inecessariamente). Tudo isto fai que votemos e comunguemos sem acreditar, pelo facto de não desejarmos qualquer confronto. Afinal, sabemos, o essencial ainda não muda neste estrato da realidade vital.

Táti -

Pois si que había cousas, si... e, en canto á primavera, aínda que mais unha vez non irei votar, porque sigo sen ver razóns suficientes para o facer, si que agardo, que non espero, que polo menos algunhas cousas muden.

Martin Pawley -

Vaia, non saen as ligazóns. A palabra "primavera" debera conducir a este enderezo: http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=43117

Martin Pawley -

Os Tonechos? O fúrbol? A empanada? A primavera?

Táti -

Eu pregúntome que é o que nos agrupa, aos galegos, se é que hai algo.